O secretario xeral da Emigración recibe á consul xeral de Colombia, Gloria María Borrero Restrepo
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2021.
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá a cónsul xeral de Colombia en España, Gloria María Borrero Restrepo, con quen analizou a situación das galegas e galegos retornados dende este país a nosa comunidade autónoma, así como a das e dos emigrantes que residen nesta nación americana.
Na actualidade o colectivo de cidadás e cidadáns galegos que residen en Colombia ascende a 1.487, dos que 299 naceron en Galicia.
Novas relacionadas