A Xunta analiza novas vías de colaboración con empresarios galegos afincados en México

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración e o secretario xeral da Emigración reuníronse esta semana con representantes da Unión Mexicana de Empresarios Galegos.

Esta xuntanza dá continuidade á que mantiveron ambas partes o pasado mes de maio en México durante a visita institucional de José González, enmarcada no apoio do Executivo autonómico ás máis de 15.500 persoas galegas residentes en México.

A Xunta analiza novas vías de colaboración con empresarios galegos afincados en México
A Xunta analiza novas vías de colaboración con empresarios galegos afincados en México
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 12 de xullo de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse esta semana en Santiago de Compostela con representantes da Unión Mexicana de Empresarios Galegos (Umegal). Esta xuntanza dá continuidade á que mantiveron ambas partes o pasado mes de maio en México durante a visita institucional de José González a este país enmarcada no apoio da Xunta ás máis de 15.500 persoas galegas residentes en México.

Na reunión desta semana, afondaron en cuestións como as oportunidades de investimento en Galicia en sectores estratéxicos como a tecnoloxía, a enerxía e a agroindustria, entre outros, así como nos apoios da Xunta para facilitar o emprendemento e a actividade profesional en Galicia das persoas retornadas. Para iso, a comunidade galega conta coa Estratexia Galicia Retorna, que a converte en pioneira en España en contar cunha folla de ruta integral centrada en incentivar e apoiar o regreso da comunidade emigrante.

Tamén abordaron cuestións relacionadas coa difusión da marca Galicia en México, tendo en conta que a forte presenza dos empresarios galegos en México representa unha grande oportunidade neste sentido. Con este tipo de encontros, o Goberno galego busca impulsar as canles de colaboración co tecido empresarial galego no exterior que contribúan a reforzar as alianzas entre Galicia e México e redunden no desenvolvemento económico da comunidade.

1128 lecturas