O secretario xeral da Emigración asiste ao VII Encontro Internacional de Empresarios Galegos no Mundo

  • Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa intervención
    Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa intervención
  • Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa intervención
    Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa intervención
Listen to this page using ReadSpeaker
O Grove (Pontevedra), 29 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración asistiu ao VII Encontro de Empresarios Galegos no Mundo organizado pola Asociación de Empresarios Galegos de Madrid en colaboración co resto de asociacións.

O acto contou coa presenza de diferentes asociacións de empresarias e empresarios galegos tanto a nivel nacional como internacional e serviu como escenario para a presentación do acordo entre as AEGAS da creación da Asociación Mundial de Empresarios Galegos. 

O titular de Emigración subliñou que a posta en marcha deste proxecto fortalece, a través do sentimento de galeguidade, os  lazos de unión entre as diferentes áreas xeográficas e suporá un impulso nas relacións empresariais entre Galicia e o resto do mundo que se traducirá nun maior investimento para a nosa Comunidade Autónoma.

784 lecturas