Emigración reafirma o seu apoio ao Centro Galego da República Dominicana para as actividades previstas nos vindeiros meses para manter viva a galeguidade no país caribeño

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 15 de abril de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos responsables do Centro Gallego O Noso Lar da República Dominicana, Antonio Sánchez y Leandro Tales co obxectivo de coñecer de primeira man o labor que está a desenvolver esta entidade da colectividade galega no país caribeño. Durante a reunión, abordáronse as distintas actividades e actos culturais que teñen previsto organizar nos vindeiros meses, coa vontade de continuar dinamizando a vida social da comunidade galega e de reforzar os lazos coa cultura de Galicia.

O secretario xeral trasladoulles o apoio da Xunta de Galicia a estas iniciativas, destacando a importancia de manter viva a galeguidade nas distintas comunidades do exterior. Neste sentido, reiterou o compromiso do Goberno galego con todas aquelas accións que fomenten a participación, a cultura e a cohesión da diáspora, e animou aos responsables da entidade a seguir traballando con entusiasmo e en colaboración coas administracións públicas.

458 lecturas