Os traballadores do restaurante da Casa de Galicia en Córdoba promocionan o Xacobeo 21-22 a través do seu material de traballo

Imaxe do restaurante da Casa de Galicia en Córdoba
Imaxe do restaurante da Casa de Galicia en Córdoba
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2021.

Os traballadores do restaurante co que conta a Casa de Galicia en Córdoba promocionan o Camiño de Santiago a través do uso do material de traballo co logo do Xacobeo 21-22 que a Secretaría Xeral da Emigración enviou ás diferentes entidades galegas do exterior.

Este envío permite dotar de material de traballo a estes centros de restauración pero tamén promocionar o Camiño de Santiago ante estes dous anos de Xacobeo nos que nos atopamos. Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo.

463 lecturas