O presidente Vivas Lara e Rodríguez Miranda comparten coas comunidades galegas de Ceuta, Andalucía e Estremadura a sétima edición da súa Xuntanza

Nos actos de confraternidade estivo tamén presente o conselleiro de Mocidade, Deporte, Turismo e Festas, Fernando Ramos. 

A cultura galega estivo presente nas principais rúas da vila a través do coro e grupo de gaitas do Lar Galego de Sevilla.

  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
  • Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
    Imaxe da Xuntanza celebrada esta fin de semana en Ceuta
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2016.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, compartiu en Ceuta coas comunidades galegas a sétima edición da Xuntanza da Federación de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta, que preside Antonio Patiño. Nos acto de celebración participou tamén o Presidente da Cidade Autónoma, Juan Jesús Vivas Lara, e o conselleiro de Mocidade, Deporte, Turismo e Festas, Fernando Ramos.

O programa comezou cunha reunión no salón de actos municipal, e despois a cultura galega foi protagonista das principais rúas da cidade grazas ao grupo de gaitas do Lar Galego de Sevilla. Despois, o Presidente da Cidade Autónoma recibiu ás autoridades presentes e ás e aos presidentes dos centros galegos participantes no evento. Máis tarde, o devandito grupo de gaitas e mailo coro do Lar sevillano foron os encargados de achegar a música e cultura galegas, na céntrica Praza dos Reis, a todo o pobo ceutí. Rematou a primeira xornada da xuntanza cunha visita, de tódalas e tódolos membros das comunidades galegas presentes, ao coñecido Parque Mediterráneo da Cidade Autónoma. O encontro das e dos participantes concluíu esta tarde con visitas guiadas á vila española no norte de África, e co xantar de confraternidade.

Na súa alocución ás e aos presentes durante a recepción oficial na sede do Goberno autónomo, e en presenza do Presidente Vivas, Miranda asegurou que "os galegos levan moitos anos presentes en Ceuta: xa no ano 1935 constituiuse a asociación que os irmandou, só un ano despois de que se aprobase o himno oficial da cidade, que fala doseu carácter aberto e acolledor". Referíase Miranda aos versos nos que rezan "cantos ás túas praias chegan atopan aquí o seu fogar", e "non existe rexión de España que non forme aquí o seu niño".

Para o secretario xeral, "os galegos compartimos ese carácter cos ceutís, forxado en centos de anos de recibir a peregrinos de todo o mundo na nosa terra, que nos preparou para logo estar en tantos países como emigrantes. Sentimos moi cerca a Ceuta a pesar das distancias ou das diferencias climatolóxicas, porque compartimos un mesmo carácter como pobo aberto e acolledor. É por iso que os galegos levamos aquí tantos anos traballando como os que mais pola prosperidade desta terra". Engadiu asemade Miranda que "cremos na integración, e como a diversidade é un valor engadido moi especial que fai grandes aos pobos, esa é a grandeza de España: a diversidade dos seus territorios, como Ceuta e Galicia, que aportan os seus valores ao conxunto, facéndoo mais importante".

Miranda tamén falou da recente celebración do XI Consello de Comunidades Galegas, que tivo lugar na Habana, onde se puxo de manifesto o carácter “universal, duradeiro, íntimo” da Galeguidade, “sinal de identidade indiscutible de todas e tódolos galegos”, en palabras do secretario xeral da Emigración.

O máximo responsable autonómico galego na materia subliñou asemade que “a historia da nosa diáspora é unha historia de sacrificio, pero de sacrificio para a constante mellora. Ese traballo, ese esforzo, son inherentes ao galego. Sabemos ben -e nisto creo que somos primos irmáns dos ceutís, dos andaluces e dos estremeños- que o esforzo sempre ten recompensa, por iso nunca botaremos pola borda o traballo e sacrificio realizados en aventuras estériles, en arranques de desesperación”.

Pola súa banda, o presidente ceutí, Juan Jesús Vivas, afirmou que este encontro “satisfácenos de maneira especial. Presenta unha dobre oportunidade: dar a coñecer a nosa terra, que moitas veces non é coñecida en España, e amosar o noso agarimo e admiración a Galicia e aos galegos”. Do pobo galego salientou Vivas a "cordialidade, sentido común e capacidade para solventar as dificultades e para adaptarse allí onde chegan”.

Galicia en Ceuta
Fundado no ano 1935, o Centro Galego de Ceuta é unha entidade de dimensión e actividade interesantes, tendo en conta o tamaño da cidade de recepción. O Centro desenvolve actos de celebración co gallo do Día de Galicia, do Día das Letras Galegas, e organiza ciclos de conferencias con distintos asuntos relacionados coa cultura e actualidade galegas como fío condutor.

Pola súa banda, a Federación de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta engloba as sete entidades galegas presentes nestas tres Comunidades Autónomas (cinco en Andalucía, unha en Estremadura, e maila de Ceuta), e desenvolve múltiplas actividades conxuntas, cumio das cales é esta celebración anual de confraternidade, que ten lugar cada ano nunha localidade distinta.

Máis de 24.000 en total
Segundo os datos provisionais do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2016, residen arestora en Ceuta 411 persoas nadas en Galicia, en Andalucía 22.039, e en Estremadura 2.109. A este número habería que engadir as segundas xeracións, moitas mozas e mozos xa nados na diáspora, pero que se senten tan ou máis galegos ca os seus pais ou nais, e que manteñen viva a chama da Galeguidade nos seus lugares de recepción.

1659 lecturas