Emigración participou no encontro anual da Federación de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta

Na imaxe, o subdirector xeral de Coordinación, Administrativa, Económica e de Programas Sociais, Antonio Casas
Na imaxe, o subdirector xeral de Coordinación, Administrativa, Económica e de Programas Sociais, Antonio Casas
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2021.

A Secretaría Xeral da Emigración, a través da presenza no evento do subdirector xeral de Coordinación, Administrativa, Económica e de Programas Sociais, Antonio Casas, participou no encontro anual da Federación de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta, no que participaron máis de 150 persoas chegadas dende estas comunidades e cidade autónomas do sur de España.

Durante este encontro as e os membros dos distintos centros galegos, tralos actos institucionais, puideron gozar de música tradicional a cargo de varios grupos das entidades, así como coñecer a cidade de Sevilla a través dun paseo en barco polo río Guadalquivir.   

533 lecturas