Miranda asiste en Córdoba aos actos da XII Xuntanza de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta

  • Imaxe do acto desta mañá na capital cordobesa
    Imaxe do acto desta mañá na capital cordobesa
  • Imagen del acto de esta mañana en la capital cordobesa
    Imagen del acto de esta mañana en la capital cordobesa
  • Imagen del acto de esta mañana en la capital cordobesa
    Imagen del acto de esta mañana en la capital cordobesa
  • Imagen del acto de esta mañana en la capital cordobesa
    Imagen del acto de esta mañana en la capital cordobesa
Listen to this page using ReadSpeaker
Córdoba, 11 de xuño de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu hoxe en Córdoba á XII Xuntanza de Centros Galegos en Andalucía, Estremadura e Ceuta, onde estiveron presentes máis de dous centenares de socias e socios das diferentes entidades, celebrando unha xornada de irmandamento na que se puido desfrutar de actuacións culturais e musicais galegas e coñecer o patrimonio artístico da cidade anfitrioa. 

Ao acto asistiu o alcalde de Córdoba, José María Bellido, o consejero de Sanidad da Junta de Andalucía, Jesús Aguirre, a delegada del Gobierno da Junta de Andalucía, María Jesús Botella, o presidente da Diputación Provincial, Antonio Ruíz, e o presidente da Federación de Centros Galegos de Andalucía, Estremadura e Ceuta, José Antonio Otero. Entre as entidades asistentes atopáronse a Casa de Galicia en Córdoba, a de Huelva, a de Badajoz, así como o Lar Gallego de Sevilla, o Centro Gallego de Málaga e a Asociación Centro Gallego de Ceuta.

281 lecturas