O Consello da Xunta autoriza o acordo coa Federación Venezolana de Galicia que facilitará o mantemento das oficinas de información e asesoramento ás e aos retornados

Ao longo do ano pasado, FEVEGA asesorou a máis de 3.000 galegas e galegos retornados e ás súas familias en diversas cuestións, tanto de xeito telemático como presencial.

A Federación Venezolana de Galicia é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar ás e aos seus asociados nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención ás e aos emigrantes retornados no seu proceso de integración.

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, na rolda de prensa posterior ao Consello
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2024.

O Consello da Xunta autoriza a sinatura dun novo convenio coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) que facilitará o mantemento das oficinas de información e asesoramento, tanto na provincia de Pontevedra como de Ourense, así como unha, a maiores, itinerante, dirixidas a persoas emigrantes retornadas en Galicia. O importe da colaboración será de 50.000 euros.

A colaboración con esta entidade posibilita a información a retornadas e retornados así como a execución de actividades formativas de acollida, completando a acción das oficinas de asesoramento e seguimento da propia Secretaría Xeral da Emigración en Vigo, no resto da provincia de Pontevedra e na de Ourense, e unha oficina itinerante que visita os distintos concellos de Galicia. 

A Federación Venezolana de Galicia, que conta con máis de 4.100 persoas asociadas en Galicia, é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar ás e aos seus asociados nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención ás e aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia. O seu labor de información xurdiu en 2017 da man da Xunta de Galicia, atendendo, xa desde o seu inicio, a 16.000 usuarias e usuarios.

Ao longo do ano pasado, FEVEGA asesorou a máis de 3.000 galegas e galegos retornados e ás súas familias en diversas cuestións, tanto de xeito telemático coma presencial.

A través deste convenio, FEVEGA comprométese a manter este labor de información e asesoramento, así como ofrecer un servizo integral e completo ás e aos emigrantes retornados, prestar orientación e asesoramento xurídico se o necesitan, apoialos no cumprimento dos trámites necesarios nas súas relacións coas administración públicas, proporcionarlles apoio e acompañamento e facilitarlles toda a información que lles sexa requirida pola Comunidade Autónoma. Ademais, tamén deben ofrecer un servizo de información itinerante por toda Galicia. 

278 lecturas