Emigración e a Federación de Venezolanos de Galicia renovan o seu convenio de colaboración para manter as súas oficinas de información aos retornados e retornadas
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegáronse ata a sede desta entidade na cidade olívica para asinar o acordo que permite destinar 50.000 euros a esta federación.
Deste xeito, a entidade pode manter a atención na súa sede olívica e no resto da provincia de Pontevedra e na de Ourense, así como a súa oficina itinerante coa que aporta asesoramento ás e aos galegos retornados de toda a comunidade autónoma.
Ao longo do ano pasado, Fevega asesorou a máis de 2.600 galegas e galegos retornados e as súas familias en diversas cuestións, tanto de xeito telemático coma presencial.
- Imaxe da sinatura, esta mañá en Vigo, do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e Fevega
- Imaxe da sinatura, esta mañá en Vigo, do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e Fevega
- Imaxe da sinatura, esta mañá en Vigo, do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e Fevega
- Imaxe da sinatura, esta mañá en Vigo, do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e Fevega
- Imaxe da sinatura, esta mañá en Vigo, do acordo de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e Fevega
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asinou hoxe un acordo de colaboración coa Federación Venezolana de Galicia (FEVEGA) a través do cal a Xunta destina 50.000 euros para o mantemento das súas oficinas de información e asesoramento a galegas e galegos retornados. No acto estivo tamén presente a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias.
A colaboración con esta entidade posibilita a información a retornados e retornadas así como a execución de actividades formativas de acollida, completando a acción das oficinas de asesoramento e seguimento da propia Secretaría Xeral da Emigración en Vigo, no resto da provincia de Pontevedra e na de Ourense, e unha oficina itinerante que visita os distintos concellos de Galicia.
A Federación Venezolana de Galicia, que conta con máis de 4.100 socias e socios en Galicia, é unha agrupación de asociacións sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico que naceu en 2009, co obxectivo de apoiar aos seus asociados e asociadas nos seus ámbitos de actuación e desenvolver accións de atención ás e aos emigrantes retornados no seu proceso de integración social, laboral e cultural en Galicia. O seu labor de información xurdiu en 2017 da man da Xunta de Galicia, atendendo xa, dende o seu inicio, a máis de 12.500 usuarias e usuarios.
Ao longo do ano pasado, Fevega asesorou a máis de 2.600 galegas e galegos retornados e ás súas familias en diversas cuestións, tanto de xeito telemático como presencial.
A través deste convenio, FEVEGA comprométese a manter este labor de información e asesoramento, así como ofrecer un servizo integral e completo ás e aos emigrantes retornados, prestar orientación e asesoramento xurídico se o necesitan, apoialos no cumprimento dos trámites necesarios nas súas relacións coas administracións públicas, proporcionarlles apoio e acompañamento e facilitarlles toda a información que lles sexa requirida pola Comunidade Autónoma. Ademais, tamén deben ofrecer un servizo de información itinerante por toda Galicia.
Novas relacionadas