O presidente da Asociación de Antiguos Tunos de Santiago solicita a colaboración de Emigración na promoción da Casa da Troia entre os centros galegos do exterior

Antonio Rodríguez Miranda e Benigno Amor, durante a reunión celebrada na sede da SXE
Antonio Rodríguez Miranda e Benigno Amor, durante a reunión celebrada na sede da SXE
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Asociación de Antiguos Tunos de Santiago de Compostela, Benigno Amor, quen lle solicitou a colaboración da Secretaría Xeral na promoción da Casa da Troia entre os centros galegos do exterior. 

Amor trasladou a boa acollida que a presentación das diferentes actividades programadas con este fin tiveron nos centros españois de México, que visitou recentemente. Esta programación baséase na importancia do Museo Casa da Troia como embaixadora da cultura galega, especialmente, no eido musical. 

307 lecturas