Miranda recorda en Onda Cero Vigo que as e os interesados teñen ata o 30 de setembro para solicitar as Axudas ao Retorno Emprendedor

O secretario xeral da Emigración, en Onda Cero Vigo
O secretario xeral da Emigración, en Onda Cero Vigo
Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo, 8 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou o estudio de gravación de Onda Cero Vigo onde recordou que os interesados e interesadas teñen ata o 30 de setembro para solicitar as Axudas ao Retorno Emprendedor desta institución que apoian a posta en marcha de iniciativas empresariais dos galegos e galegas do exterior que retornan a Galicia. Durante a entrevista coñeceuse tamén o testemuño dunha emprendedora retornada de Estados Unidos, María Blanco, que puxo en marcha unha empresa de comunicación para organizacións gobernamentais institucionais que conta xa con seis persoas empregadas en Vigo.

As axudas supoñen un mínimo de 6.000 euros e poden chegar ata os 10.000. Dende que se puxo en marcha este programa, a Xunta investiu algo máis de 4M€, pero o impacto económico para Galicia foi máis de 32M€, chegando a 600 negocios axudados, “por cada euro que a axuda dá para poñer en marcha un negocio, os beneficiarios multiplican por oito o investimento”, comentou Miranda. 

  • Audio - Entrevista ao secretario xeral da Emigración | Descargar
303 lecturas