A finais de 2011 o portal da Xunta quedará constituído como unha sede electrónica

Os cidadáns poderán obter a mesma información, acceder aos mesmos servizos e facer os mesmos trámites que pode facer en calquera das ventanillas das distintas consellerías.

É unha das medidas da Axenda Dixital de Galicia para garantir a relación electrónica dos usuarios coa Administración aforrando custes e tempo, independentemente do lugar onde vivan e do nivel administrativo desde o que inicien a tramitación.

A Secretaria Xeral de Modernización interviu hoxe na Xornada Modernización e Transformación da Xestión Pública e Privada con Novas Tecnoloxías organizada polo Club Diálogos para la Democracia.

No 2010 o investimento público-privado destinado ás actuacións da Axenda acadou os 248 millóns de euros, un 11.6% por riba da previsión inicial.

No 2011 da Axenda centraranse no despregamento de infraestruturas de telecomunicación para que o 84% dos galegos teñan acceso á Rede.

Continuaranse a transformar as aulas tradicionais en aulas dixitais a través do proxecto Abalar.

A entrada en funcionamento este ano do Centro Demostrador TIC permitirá mellorar a produtividade e competitividade das pemes, micropemes e autónomos a través da introdución das novas tecnoloxías nos seus procesos de negocio.

Listen to this page using ReadSpeaker
14 de abril de 2011.

A Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, avanzou hoxe que o portal da Xunta de Galicia funcionará como unha sede electrónica a finais de este ano. “É un dos fitos marcados no Plan de Modernización da Administración que permitirá que os cidadáns poidan acceder a mesma información e os servizos que teñen á súa disposición en calquera das ventanillas das consellerías”

A responsable autonómica fixo estas declaracións durante o almorzo de traballo organizado polo Club Diálogos para la Democracia sobre a Modernización e Transformación da Xestión Pública e Privada con Novas Tecnoloxías. Na súa intervención, a secretaria xeral lembrou que no ámbito da administración electrónica “temos a obriga de dar resposta a unha sociedade que ten dereito a relacionarse coas administracións públicas a través de canles telemáticos. Un compromiso que cumprir cos cidadáns e as empresas deste país, e estamos no camiño correcto para acadalo.”

Nestes momentos pódense presentar online máis de 120 procedementos administrativos distintos, aínda que non todos de xeito completo. O obxectivo marcado polo Plan de Modernización da Administración é acadar no 2013 o 100% da tramitación online dos procedementos administrativos e avanzar cara unha política cero papel.

Decreto eAdministración
Un dos pasos fundamentais para acadar este obxectivo foi a publicación o pasado mes de decembro no DOG do decreto que fixa as bases para o desenvolvemento da futura administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes. A entrada en vigor deste decreto regula, ademais da constitución do portal como sede electrónica, a creación dun Rexistro Electrónico único que funcionará ás 24 horas do día os 365 días e a edición electrónica do DOG, que substituirá á versión en papel nunhas semanas. O horizonte temporal para levar a cabo a implantación progresiva da administración electrónica é de tres anos.

A secretaria xeral sinalou que neste proceso de modernización da Administración “debemos dotar tamén das ferramentas necesarias aos empregados públicos e por iso iniciamos o proceso acreditación dixital dos profesionais da Administración autonómica. Unha iniciativa que se completará a finais de 2012, data na que 20.000 profesionais da Administración xeral da Xunta e da Administración da Xustiza poderán empregar a sinatura electrónica recoñecida co mesmo valor que a sinatura manuscrita, fundamental para poder realizar trámites telemáticos.”

Axenda Dixital
Mar Pereira sinalou que o proceso de modernización da Administración é unha das liñas estratéxicas da Axenda Dixital 2014.gal, unha folla de ruta para integrar as novas tecnoloxías en todos os ámbitos da sociedade e impulsar e economía do coñecemento. A secretaria xeral destacou que “2014.gal é un plan a catro anos co que xa comezamos a conseguir resultados. No 2010 o investimento público-privado destinado as actuacións da Axenda acadou os 248 millóns de euros, un 11.6% por riba da previsión inicial”

Falamos dunha estratexia tecnolóxica ambiciosa pero sen perder de vista o contexto económico actual e que artella medidas que chegan a todas as áreas da Sociedade e da Administración

Obxectivos 2011
A responsable de Modernización indicou que para poder conseguir os obxectivos marcados na Axenda Dixital o primeiro paso é dotar a Galicia das infraestruturas de telecomunicación adecuadas. Por iso unha das primeiras medidas do seu departamento foi a posta en marcha do Plan de Banda Laga 2010-2013. En menos dun ano o Plan conseguiu dar acceso á rede a 250.000 persoas que carecían de cobertura. “No 2011 -indicou- a Axenda seguirá facendo foco neste despregamento de infraestruturas e chegaremos a preto do 84% da poboación. Ademais de reducir a fenda dixital avanzaremos an extensión das redes máis punteiras con velocidades de 100 Mbps ás que poderán acceder este ano máis de 800.000 persoas.”

No ámbito educativo a secretaria xeral situou o obxectivo en continuar transformando as aulas tradicionais en aulas dixitais a través do proxecto Abalar, acadando este ano 31.000 alumnos beneficiados por esta iniciativa.

No actual contexto económico, a aposta pola modernización tecnolóxica require impulsar proxectos innovadores que logren mellorar a eficiencia dos procesos. Como exemplo desta liña de acción, Mar Pereira destacou a posta en marcha este ano do Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI), que integrará as funcións dos máis de 80 CPDs existentes agora na Xunta de Galicia. O novo corazón dixital de Galicia fará posible unha administración que funcione 24 horas ao día os 365 días do ano.

No ámbito do impulso a economía do coñecemento a Xunta quere apoiar ao sector TIC galego no traballo de dar a coñecer os seus resultados, e por tanto, os produtos acadados. De aí, explicou a responsable de Modernización, a entrada en funcionamento no primeiro semestre do ano do Centro Demostrador TIC de Galicia, que entrará en funcionamento no primeiro semestre do ano, está orientado a mellorar a produtividade e competitividade das pemes, micropemes e autónomos a través da introdución das novas tecnoloxías nos seus procesos de negocio

1564 lecturas