O Parlamento de Galicia e o Consello de Europa coordinarán un proxecto para fortalecer a "Europa das Rexións”

O proxecto foi abordado na tarde de onte nunha reunión da Comisión Permanente de COPREPA.

Na reunión preparouse tamén a orde do día do Plenario da COPREPA que se celebrará en Santiago de Compostela os primeiros días de marzo.

Listen to this page using ReadSpeaker

A Casa de Galicia en Madrid, delegación da Xunta de Galicia en Madrid, acolleu onte á tarde nas súas dependencias a reunión da Comisión Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) celebrada baixo a presidencia da titular do Parlamento de Galicia e presidenta de COPREPA, Pilar Rojo Noguera. No encontro preparouse tamén a orde do día do Plenario da COPREPA que se celebrará en Santiago de Compostela os primeiros días de marzo

O Parlamento de Galicia, en representación da Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais de Europa (CALRE) e o Congreso de Autoridades Locais e Rexionais do Consello de Europa, poñerán en marcha, ao longo deste ano, un proxecto denominado "Irmandamento cunha rexión"

A implantación desta iniciativa foi un dos asuntos abordados na reunión da Comisión Permanente da Conferencia de Presidentes de Parlamentos Autonómicos de España (COPREPA) celebrada na Casa de Galicia en Madrid baixo a presidencia da titular do Parlamento de Galicia e presidenta de COPREPA, Pilar Rojo Noguera

Con esta iniciativa buscarase reforzar a denominada "Europa das Rexións", tanto dentro coma fóra da UE, promovendo o intercambio de experiencias entre os diferentes modelos institucionais, e de xeito particular entre as rexións que contan con Asembleas lexislativas e as que non dispoñen deste tipo de institucións. O obxectivo consiste en difundir os valores do parlamentarismo e a descentralización

Un modelo institucional que funciona
En opinión de Pilar Rojo, a experiencia acumulada en España ao longo de 30 anos de parlamentarismo autonómico, e tamén a doutras rexións europeas que contan con asembleas lexislativas propias, "demostra que o noso modelo institucional foi capaz de responder con eficacia ás diferentes necesidades que se foron formulando, grazas, en parte, ao seu carácter flexible,"

Na reunión da Comisión Permanente de COPREPA participaron tamén os presidentes dos parlamentos autonómicos de Estremadura e actual presidente de CALRE, Fernando Manzano; de Canarias, Antonio Castro, e de Navarra, Alberto Catalán.

Entre outros asuntos, na reunión abordouse tamén un borrador da orde do día para a celebración do Plenario de COPREPA que se celebrará en Santiago de Compostela os días 5 e 6 de marzo deste ano.

Os parlamentos autonómicos estudan tamén a posibilidade de mellorar as aplicacións informáticas comúns.

862 lecturas