Xavier Queipo, Craig Patterson, Dolores Vilavedra e Victor Freixanes falan no Parlamento Europeo sobre a «Literatura galega e Europa»

O Consello da Cultura Galega organizou catro mesas redondas do «Encontro sobre as culturas de España e a súa relación con Europa» celebradas en maio na sede do Parlamento Europeo en Bruselas. Neste evento participaron Xavier Queipo, Craig Patterson, Dolores Vilavedra e Victor F. Freixanes.

Listen to this page using ReadSpeaker

O encontro, no que participou Consello da Cultura Galega a petición da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), abordou en catro sesións a proxección europea das literaturas española, galega, catalana e vasca, contando co punto de vista dos escritores e expertos.

No panel «A literatura galega e Europa» tomaron a palabra Xavier Queipo, escritor e funcionario da Unión Europea en Bruselas; Craig Patterson, historiador e presidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos (AIEG); Dolores Vilavedra, crítica literaria e profesora de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela e Victor F. Freixanes, director da editorial Galaxia e coordinador da Sección da Lingua, literatura e comunicación do Consello da Cultura Galega. Todos empregaron o galego diante dun auditorio de máis de cincuenta persoas, que acolleu con interese as consideracións sobre a panorámica histórica e actual da literatura galega e a sua vocación europeísta.

1815 lecturas