O Parlamento aproba a iniciativa do PP para impulsar a promoción dos produtos galegos no exterior en colaboración coas comunidades de emigrantes
Insta á Xunta a "elaborar, impulsar e executar" este plan apoiándose nos dez millóns de persoas con ascendencia galega esparexidas por todo o mundo.
A iniciativa foi defendida polo deputado José Manuel Balseiro quen afirmou que "os nosos emigrantes, dende os países nos que residen, son os perfectos embaixadores da nosa terra". A oposición votou en contra.
O Parlamento de Galicia aprobou o mércores 12 de febreiro a iniciativa do Grupo Popular pola que se insta á Xunta a "elaborar, impulsar e executar" un plan para que, "en colaboración coas comunidades de emigrantes", se potencie e faga posible a promoción dos produtos galegos de calidade no exterior.
O deputado do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, defendeu no pleno da Cámara autonómica que unha actuación conxunta e coordinada do Goberno galego coas comunidades galegas no exterior pode contribuír como elemento dinamizador da economía galega e como reclamo á hora de dar a coñecer a excelente calidade dos produtos do mar e agrogandeiros da comunidade.
"Vinculando os nosos produtos á orixe galega, apostamos pola orixinalidade nun mundo globalizado. Diferenciando os nosos produtos, coa complicidade e colaboración das nosas comunidades no exterior, beneficiamos a Galicia, concluíu Balseiro, quen insistiu en que "os nosos emigrantes, dende os países nos que residen, son os perfectos embaixadores da nosa terra".
Balseiro defende que, unha vez posto en marcha este plan, contribuirase a que os axentes económicos internacionais poidan recoñecer a 'Marca Galicia' como un socio fiable que exporta produtos de calidade. Ao mesmo tempo, impulsaríanse as condicións necesarias para recibir investimentos exteriores, xerar riqueza, abrir novos mercados, desenvolver unha estratexia firme para algo tan necesario hoxe, como son as novas oportunidades de emprego.
Críticas á oposición
Os populares lamentaron o voto negativo dos grupos da oposición, en especial o cambio de criterio de AGE, xa que tiña rexistrada unha emenda de adición pola que aceptaba o acordo proposto polos populares.
Tampouco comprenden a irresponsable toma de postura do PSOE que, ao negarse a apoiar a iniciativa popular, opta por desprezar a colaboración e apoio de 10 millóns de emigrantes con ascendencia galega. Para o PP a posta en marcha deste plan supoñerá uns evidentes beneficios para a economía galega.
Fonte: España Exterior | Foto: El Ideal Gallego
Novas relacionadas




