Feijóo destaca o papel das e dos emigrantes galegos en Alemaña por contribuír a facer unha Galicia máis ampla e universal, e comínaos a ser “embaixadores do noso país, faros da nosa cultura e profetas da nosa terra”

O titular da Xunta clausurou hoxe en Hamburgo a área expositiva “Galicia Pórtico Universal”, unha mostra itinerante dedicada á promoción turística de Galicia no exterior que estivo instalada estes días no porto desta cidade alemana.

Considera que a mostra é “unha homenaxe á Europa universal que hai doce séculos comezamos a construír cos nosos movementos como pobo” porque, segundo recoñeceu, foi en torno á emigración e, sobre todo, ao Camiño de Santiago, como se foi forxando o espírito europeo.

Eloxia o traballo que realiza o conxunto de asociacións e centros que a colectividade de emigrantes galegos e galegas fundou en Alemaña -onde viven 16.159 cidadás e cidadáns galegos, dos que 4.147 residen en Hamburgo-, e que están integrados na Coordinadora Federal das Asociacións Galegas neste país.

A exposición, situada nun “enclave privilexiado”, di, inclúe unha exposición de artesanía de Galicia, mostras e venda de produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, demostracións en vivo de actividades artesás, unha aula profesional de cata, e as respectivas áreas de información de Turgalicia e da S.A de Xestión do Plan Xacobeo.

  • O titular da Xunta clausurou hoxe en Hamburgo a área expositiva “Galicia Pórtico Universal”, unha mostra itinerante dedicada á promoción turística de Galicia no exterior que estivo instalada estes días no porto desta cidade alemana
    O titular da Xunta clausurou hoxe en Hamburgo a área expositiva “Galicia Pórtico Universal”, unha mostra itinerante dedicada á promoción turística de Galicia no exterior que estivo instalada estes días no porto desta cidade alemana
  • O titular da Xunta clausurou hoxe en Hamburgo a área expositiva “Galicia Pórtico Universal”, unha mostra itinerante dedicada á promoción turística de Galicia no exterior que estivo instalada estes días no porto desta cidade alemana
    O titular da Xunta clausurou hoxe en Hamburgo a área expositiva “Galicia Pórtico Universal”, unha mostra itinerante dedicada á promoción turística de Galicia no exterior que estivo instalada estes días no porto desta cidade alemana
Listen to this page using ReadSpeaker
Hamburgo (Alemaña), 22 de xuño de 2014.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, recoñeceu hoxe á colonia galega de emigrantes en Alemania o seu esforzo por ter contribuído co seu traballo e a súa cultura a engrandecer o pobo alemán e a construir un futuro común en paz e prosperidade. Así o manifestou esta tarde durante a clausura no porto de Hamburgo da área expositiva “Galicia Pórtico Universal”, unha mostra itinerante dedicada á promoción turística de Galicia no exterior.

O presidente da Xunta, acompañado polo secretario xeral da Emigración e polas e polos presidentes das entidades galegas en Alemaña, percorreu hoxe esta exposición sobre Galicia, que durante estes últimos catro días estivo instalada no porto de Hamburgo “para trasladar un anaco da nosa terra ao exterior” desde un “enclave idóneo” para achegarse ás moreas de turistas que desembarcan nas instalacións portuarias desta cidade alemana, dixo.

Así, considerou que a mostra é “unha homenaxe á Europa universal que hai doce séculos comezamos a construír cos nosos movementos como pobo” porque, segundo recoñeceu, foi en torno á emigración e, sobre todo, ao Camiño de Santiago, como se foi forxando o espírito europeo. “Europa fíxose peregrinando a Compostela”, dixo, porque esta ruta milenaria de peregrinación foi “soporte da vocación universal e macroagregodora de pobos á que aspiraba o vello continente” e dos piares que o ergueron.

“Apoiados nas rutas comerciais de Hamburgo e reconfortados cos vieiros culturais de Compostela confecionamos unha realidade baseada na liberdade, na seguridade e na prosperidade á que hoxe chamamos Europa”, sinalou.

Nesta liña, Feijóo resaltou os vínculos de unión que a nosa comunidade estableceu con Alemania grazas, especialmente, aos moitos e moitas emigrantes galegos e galegas no país xermano que “levaron o nome da súa terra nai, Galicia, máis alá das nosas fronteiras”. E, deste xeito, cominounas e cominounos a seguir na mesma senda e seren así “embaixadores do noso país, faros da nosa cultura e profestas da nosa terra”.

Ademais, eloxiou o traballo que realiza o conxunto de asociacións e centros que a colectividade de emigrantes galegas e galegos fundou en Alemaña -onde viven 16.159 cidadás e cidadáns galegos, dos que 4.147 residen en Hamburgo-, e que están integradas e integrados na Coordinadora Federal das Asociacións Galegas neste país.

Amosar Galicia ao mundo
‘Galicia, Pórtico Universal’ é unha exposición itinerante que, por segundo ano consecutivo, percorrerá diversas comunidades autónomas e países para achegar a imaxe de Galicia ao exterior. Logo da súa estadía en Hamburgo, trasladarase a Vitoria, a Córdoba e, posteriormente, no mes de setembro, a Bos Aires. Está organizada pola Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería do Medio Rural e do Mar, a Axencia Turismo de Galicia, Galicia Calidade, e a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, da Consellería de Economía e Industria.

O seu obxectivo é a promoción da comunidade como destino turístico, polo que inclúe unha exposición de artesanía de Galicia, mostras e venda de produtos galegos con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, demostracións en vivo de actividades artesás, unha aula profesional de cata, e as respectivas áreas de información de Turgalicia e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

1667 lecturas