Miranda destaca a contribución das e dos cociñeiros galegos na proxección exterior de Galicia: “Sodes os nosos grandes embaixadores”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou en Ourense no acto de entrega dos Pratos de Ouro de Radio Turismo no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar.
Entrega dos Pratos de Ouro no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico - Xantar
Entrega dos Pratos de Ouro no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico - Xantar
Entrega dos Pratos de Ouro no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico - Xantar
Entrega dos Pratos de Ouro no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico - Xantar
Entrega dos Pratos de Ouro no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico - Xantar
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou esta tarde na entrega dos Pratos de Ouro que Radio Turismo organizou en Xantar, no 24º Salón Internacional de Turismo Gastronómico, destacando o labor da colectividade galega no exterior na difusión da nosa cultura, da que a nosa gastronomía é un expoñente esencial.
Durante o acto, o secretario xeral destacou o labor das e dos cociñeiros galegos como os grandes embaixadores de Galicia no exterior, resaltando a súa contribución esencial na difusión da cultura galega, especialmente a través da gastronomía. Estas e estes chefs, presentes neste salón, son un expoñente fundamental da calidade culinaria de Galicia e promoven os seus sabores nos cinco continentes, facendo honra á rica herdanza culinaria da comunidade autónoma.
O secretario xeral tamén fixo un recoñecemento ás entidades galegas do exterior, que contan con numerosos locais de restauración, converténdose en referencia dos nosos produtos e en embaixadores e promotores dos nosos pratos e da nosa calidade culinaria, dándoa así a coñecer nos cinco continentes.
Ao mesmo tempo, Rodríguez Miranda subliñou a importancia da colaboración bidireccional na promoción da gastronomía galega, xa que, por unha banda, envíanse cociñeiras e cociñeiros ao exterior para que dean a coñecer a nosa rica gastronomía nos centros galegos de tódolos países do mundo e, por outra, tráense ás e aos cociñeiros destes centros a Galicia para que coñezan a nosa gastronomía actual e as novidades culinarias que estamos a desenvolver. Esta interacción entre cociñeiras e cociñeiros galegos no estranxeiro e en Galicia fortalece os lazos culturais e culinarios, promovendo a excelencia gastronómica da rexión en todo o mundo.
Finalmente, Antonio Rodríguez Miranda recordou que os galegos e galegas do exterior “non só botan de menos a terra senón tamén os sabores e os produtos que se cociñan nela, e poder dalos a coñecer nos seus lugares de residencia é un xeito de por en valor a Galicia, converténdose tanto eles como as propias entidades galegas en prescritores internacionais da nosa cultura gastronómica”.
Novas relacionadas



