O local de restauración do CRC Ourense de Basilea en Suíza promociona o Xacobeo 21-22
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021.
O restaurante co que conta o Centro Recreativo Cultural Ourense de Basilea (Suíza) conta xa co material de traballo que mostra o logo do Xacobeo 21-22 e a través do que se está a promocionar o Camiño de Santiago a través dos diferentes centros galegos do mundo.
Entre outro material, enviáronse gorros de cociña, mandís e camisetas co logo do Xacobeo, o que permite dar a coñecer entre as e os veciños, socias e socios e turistas que visitan o restaurante do centro galego ourensán de Basilea a experiencia de percorrer o Camiño a Compostela.
Novas relacionadas