O Lar Gallego de Chile e a Hermandad Gallega de Venezuela continúan a celebración do VI Día da Galicia Exterior en Celanova

  • Imaxe da actuación de onte na Praza Maior de Celanova
    Imaxe da actuación de onte na Praza Maior de Celanova

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022.

As distintas asociacións culturais dos centros galegos do exterior que asistiron ao VI Día da Galicia Exterior continúan na comunidade para compartir a cultura e tradición galegas polas distintas vilas de Galicia. Deste xeito, onte, luns 11 de xullo, pola noite, os grupos do Lar Gallego de Chile e a Hermandad Gallega de Venezuela interpretaron varias pezas musicais e de baile tradicional na Praza Maior de Celanova, un municipio que conta cunha importante cifra de galegas e galegos no exterior, cun total de 4.328 persoas.

O VI Día da Galicia Exterior, festexado o pasado sábado 9 de xullo en Santiago de Compostela, foi unha xornada de confraternidade para celebrar o Ano Santo Xacobeo entre as 31 agrupacións culturais dos centros galegos do exterior participantes, reunindo a máis dun milleiro de galegas e galegos de todo o mundo.

431 lecturas