O Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Francisco Fernández del Riego

  • O alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires, durante a celebración do Día das Letras Galegas
    O alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires, durante a celebración do Día das Letras Galegas

Listen to this page using ReadSpeaker
Bos Aires (Arxentina), 19 de maio de 2023.

O Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires celebrou o Día das Letras Galegas cunha homenaxe ao ensaísta e editor de Vilanova de Lourenzá, Francisco Fernández del Riego. Entre outras actividades, o alumnado levou a cabo unha lectura de textos alusivos e presentou un baile con voz en directo baseado na Muiñeira de Novoneyra

Bailes tradicionais, coro escolar e unha conferencia sobre a personalidade de Fernández del Riego da man do escritor arxentino-galego Luis González Tosar, completaron as actividades, que afondaron no mundo novo que o autor homenaxeado este ano descubriu cando se achegou por primeira vez a Bos Aires, da man de Luis Seoane. 

299 lecturas