As entidades galegas en España celebran o Día das Letras Galegas con coloquios, concertos e exposicións sobre a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Vitoria
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Vitoria
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Vitoria
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Pamplona
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Pamplona
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Santander
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Santander
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Santander
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Sevilla
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas en Sevilla
Os centros galegos situados nas distintas comunidades autónomas de España desenvolveron ao longo do mes de maio diversos actos para enxalzar a figura do ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego , a quen se dedicou este ano o Día das Letras Galegas. As entidades desenvolveron diferentes coloquios, concertos, conferencias, exposicións e charlas relativas á figura do homenaxeado este ano. Deste xeito, o Centro Gallego de Santander ofreceu unha sesión monográfica sobre a figura de Fernández del Riego, na que tamén se proxectaron diversos vídeos. O mesmo tivo lugar no Centro Gallego de Salamanca, na Asociación Galega Corredor do Henares, a Casa de Galicia en Las Palmas, o Centro Gallego de Ceuta, o Aturuxo de Castelló, o Centro Gallego de Madrid, o Lar Gallego de Pamplona, a Irmandade Galega de Rubí e o Centro Galego de Vitoria.
Con concertos e corais o festexaron na Xuntanza de Galegos en Alcobendas, no Lar Gallego de Avilés ou o Centro Galego de La Rioja. A Casa de Galicia de Valladolid ofreceu unha velada musical con foliada, o Centro Gallego de Málaga unha degustación de produtos galegos, o Centro Gallego de Móstoles organizou un obradoiro para nenas e nenos para aprender a redactar artigos, mentres o Centro Galego de Barcelona puxo en marcha un certame de cartas de amor e desamor. Houbo visualizacións audiovisuais no Centro Gallego de Santa Cruz de Tenerife e xornadas literarias no Lar Gallego de Sevilla, no Centro Gallego de Zaragoza e no Centro Gallego de Alicante. Finalmente, o Centro Gallego Noroeste de Madrid centrou as actividades no teatro mentres a Casa de Galicia en Córdoba fallou o seu tradicional premio Rosalía de Castro, que este ano recaeu no artista cordobés José María Higuera González, co seu libro Desechos.
Novas relacionadas



