O grupo galego Triángulo de Amor Bizarro, embaixador musical de España en Suecia

A formación mostrará no concerto En vivo-Spanska Musikklubben! as músicas do seu último álbum, Año Santo.

Listen to this page using ReadSpeaker
8 de abril de 2011.

Este sábado, 9 de abril, celebrarase en Estocolmo unha xornada dedicada á música independente española, que terá ao grupo galego Triángulo de Amor Bizarro como o embaixador musical de España. A formación mostrará no concerto as músicas do seu último álbum, Año Santo.

A sala Debaser acollerá este evento, titulado En vivo-Spanska Musikklubben! e promovido polo Instituto Cervantes de Estocolmo e a Embaixada de España en Suecia. Tamén actuarán o grupo Polock, de Valencia, e o DJ Coco. O mesmo día 9, como prólogo ao concerto, celebrarase o debate Presente e futuro da música independente. Conexións España-Suecia.

A iniciativa busca dar a coñecer no país escandinavo algunhas das propostas máis novidosas do panorama musical español.

1104 lecturas