Emigración asiste ao concerto de María do Ceo, preludio do Festival ‘Fai un Sol’ do Lar Gallego de Sevilla, motor da cultura musical galega na capital andaluza
A subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas da Secretaría Xeral da Emigración, Isabel Martínez Pellicer, asistiu ao concerto de María do Ceo, preludio do festival Fai un Sol que organiza o Lar Gallego de Sevilla como motor da cultura musical galega na capital andaluza.
Xunto á cantante galega actuou tamén a artista sevillana Laura de los Ángeles. Neste concerto María do Ceo presentou o seu último disco, Galicia Nai. Fai un Sol é un encontro musical baseado na cultura atlántica e que recolle os valores da emigración galega: a tolerancia, a integración, o esforzo, a honestidade, a multiculturalidade. A relación do Lar Gallego e a música é moi estreita, tanto polo traballo de difusión da música tradicional galega, como pola aposta por un coro polifónico e por organizar concertos de bandas e artistas na cidade hispalense recoñecidos da cultura musical galega.
Novas relacionadas