Miranda felicita ao Lar Gallego de Chile por levar 55 anos construíndo galeguidade no país andino

O secretario xeral da Emigración asistiu ás actividades organizadas polo aniversario do centro chileno. 

Aproveitou para recordar que os galegos e galegas de Chile con título universitario xa poden ir preparando a documentación para a próxima convocatoria das bolsas de Excelencia Académica BEME que ofrecen 250 prazas de máster nas tres universidades galegas.

  • Imaxe da celebración do 55º aniversario do Lar Gallego de Chile
    Imaxe da celebración do 55º aniversario do Lar Gallego de Chile
  • O secretario xeral da Emigración, co vicepresidente do Estadio Español de Las Condes e o presidente da Asociación de Instituciones Españolas de Chile
    O secretario xeral da Emigración, co vicepresidente do Estadio Español de Las Condes e o presidente da Asociación de Instituciones Españolas de Chile
  • Imaxe da celebración do 55º aniversario do Lar Gallego de Chile
    Imaxe da celebración do 55º aniversario do Lar Gallego de Chile
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Chile, 6 de novembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu aos actos organizados polo 55 aniversario do Lar Gallego de Chile na súa sede de Las Condes na capital do país. 

Deste xeito, o responsable deste departamento autonómico participou nas diferentes actividades organizadas durante toda a xornada e nas que participaron os grupos de baile e gaitas de persoas adultas, mozas e mozos e nenos e nenas que conforman esta entidade. Pola tarde, tamén asistiu ao concerto ofrecido polo músico Anxo Lorenzo e ao que foron invitadas e invitados tódolos membros da colectividade galega no país andino.

O Lar Gallego de Chile naceu en novembro de 1967 e ao longo da súa historia, ademais de formentar a cultura e a lingua galegas a través dos seus grupos musicais e de baile, tamén vén xestionando diversos encontros, cursos, seminarios, actividades e eventos, mantendo unha interacción permanente cos distintos centros galegos do país.

Rodríguez Miranda aproveitou a visita para recordar aos galegos e galegas de Chile con título universitario que xa poden ir preparando toda a documentación necesaria para presentarse á próxima convocatoria das bolsas de Excelencia Académica BEME que permiten realizar un máster nunha das tres universidades galegas e para as que a Xunta de Galicia ofertará 250 prazas. 

336 lecturas