O folclore galego deixou a súa pegada nas rúas de Frankfurt

Galicia estivo representada no Parade der Kulturen 2014 polo grupo "Follas Novas" do Centro Galego de Frankfurt.

  • Na imaxe, a representación galega na Parade der Kulturen que se celebra con carácter bianual na localidade xermana de Frankfurt am Main
    Na imaxe, a representación galega na Parade der Kulturen que se celebra con carácter bianual na localidade xermana de Frankfurt am Main
  • Na imaxe, a representación galega na Parade der Kulturen que se celebra con carácter bianual en Frankfurt
    Na imaxe, a representación galega na Parade der Kulturen que se celebra con carácter bianual en Frankfurt

Listen to this page using ReadSpeaker
Frankfurt, 7 de xullo de 2014.

A pasada fin de semana a cidade alemá de Frankfurt encheu as súas rúas de colorido e dos máis distintos sons e tendencias musicais para celebrar a novena edición do desfile máis importante da cidade coñecido como "Der Parade der Kulturen" ( desfiles ou mercado das culturas).

Cada dous anos, o concello de Frankfurt organiza este evento para dar a coñecer a diversidade cultural que convive na urbe de xeito pacífico, con respecto e sen racismo. Durante a parada de catro quilómetros, 180 países e 54 asociacións, embelesaron a decena de miles de asistentes e turistas estranxeiros que, ademais de gozar do desfile polas rúas urbanas, puideron deleitarse cos diferentes concertos e actuacións ofrecidas a beiras do río Meno.

Unha vez máis e como segundo ano consecutivo, o grupo de folclore tradicional galego "Follas Novas", foi o responsable de representar a España xunto co grupo de arte flamenca "Peña Los Cabales". Ambos os dous defenderon as cores e as raíces comúns e mostraron a riqueza e diversidade cultural do noso país.

1021 lecturas