Miranda inicia unha viaxe a Suíza para participar nun evento internacional no que se mostrará a nosa riqueza cultural a través dun desfile
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia este sábado unha viaxe a Suíza para participar nun evento de carácter nacional que contará coa presenza de 54 nacións e cantóns de todo o país, así como coa participación de nacións veciñas como Austria, Francia e Italia. Este evento, que se estenderá ao longo de tres días, terá o seu acto principal cun desfile polas rúas de Zürich, que será transmitido en directo pola televisión suíza.
Ademais da súa participación no evento, o secretario xeral da Emigración aproveitará a súa estancia en Suíza para visitar varios centros galegos no país, reforzando así os lazos coa comunidade galega emigrante e promovendo a colaboración e o apoio mutuo entre Galicia e os galegos e galegas residentes en Suíza.
Novas relacionadas




