Miranda destaca o traballo da Sociedade Estudiantil para a promoción do folclore galego en Cuba

Imaxe da reunión celebrada na capital cubana
Imaxe da reunión celebrada na capital cubana
Listen to this page using ReadSpeaker
A Habana (Cuba), 15 de decembro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo esta semana unha reunión co responsable da Sociedade Estudiantil Concepción Arenal, Alexandre Avena, unha institución de renome establecida en 1975 na cidade da Habana e destacou o traballo da sociedade para a promoción do folclore galego en Cuba.

Durante a reunión, abordáronse temas relacionados cos obxectivos da Sociedade, enfatizando a necesidade de cultivar e promover todas as formas de expresión artística e cultural, incluíndo a organización de eventos recreativos que celebren a diversidade e riqueza do folclore cubano e galego.

Tamén se destacou a importancia de dar a coñecer e preservar os valores culturais e folclóricos de Cuba e Galicia, como unha forma de manter vivas as tradicións e o patrimonio cultural de ambos lugares.

O secretario xeral eloxiou os esforzos da Sociedade Estudantil Concepción Arenal no seu labor de promover a arte e a cultura, e reafirmou o compromiso da súa oficina para apoiar iniciativas que contribúan ao enriquecemento cultural e ao entendemento mutuo entre Cuba e España.

220 lecturas