O espectáculo de clausura do Obradoiro de pandeireta, percusión e canto galego reúne en Montevideo preto de cen alumnos para demostrar o aprendido ao longo do curso

  • O espectáculo de clausura do Obradoiro de pandeireta, percusión e canto galego reúne en Montevideo preto de cen alumnos para demostrar o aprendido ao longo do curso

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 5 de outubro de 2024.

A delegada da Xunta en Uruguai, Elvira Domínguez, asistiu ao espectáculo de clausura do Obradoiro de pandeireta, percusión e canto tradicional galego, no que preto dun cento de alumnos demostraron o aprendido ao longo do curso. Este taller, organizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración, contou coa participación das formadoras principais.

O evento foi organizado co apoio total das profesoras e da directiva dos centros Alma Galega e Unión Fillos de Morgadanes, xunto coa delegación da Xunta en Uruguai. A actividade forma parte do esforzo conxunto por manter viva a cultura galega entre a colectividade no Uruguai e garantir a transmisión das tradicións ás novas xeracións.

519 lecturas