Máis de 60 membros da colectividade galega do Centro Pontevedrés de Montevideo participaron no obradoiro de cociña organizado pola Xunta de Galicia no Uruguai

  • Imaxe do obradoiro de cociña galega celebrado no Centro Pontevedrés de Montevideo
    Imaxe do obradoiro de cociña galega celebrado no Centro Pontevedrés de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
Montevideo (Uruguai), 4 de novembro de 2023.

A delegada da Xunta no Uruguai, Elvira Domínguez Alonso, asistiu a unha das clases do obradoiro de cociña organizado pola Xunta de Galicia no que participaron 65 membros da colectividade galega do Centro Pontevedrés e que correu a cargo de Miguel Antonio Iglesias Armada, chef galego de Cariño, e que rematou a pasada semana. 

Elvira Domínguez destacou o traballo realizado por Miguel Antonio Iglesias, que foi moi valorado polos propios alumnos e alumnas, “deixou aquí plantada a semente doutras propostas como poden ser futuros concursos de comida”. Durante estes días, as e os alumnos aprenderon a realizar pratos tradicionais galegos como a bica ou o cocido. 

342 lecturas