O delegado da Xunta na Arxentina recibe ao novo buque pesqueiro da firma Iberconsa no porto de Bos Aires
O delegado da Xunta en Arxentina e Uruguai, Alejandro López Dobarro, deu a benvida aos estaleiros Tandanor do novo tangonero da pesqueira galega Iberconsa que vén a sumarse aos outros 27 barcos cos que conta esta empresa para a pesca no litoral arxentino. Xunta ao delegado estiveron o xerente xeral de Operacións de Iberconsa Argentina, José Domínguez. e o capitán do buque Fernando Llaneza.
O buque foi construído nos estaleiros Armon de Vigo, e tras 23 días de navegación acaba de chegar a Bos Aires de onde partiu cara a Porto Madryn para sumarse á campaña do lagostino que acaba de iniciarse. Conta cunha tripulación de 30 persoas e dedícase a pescar, procesar e deixar preparado para a venda en góndola este manxar exquisito do mar arxentino.
Novas relacionadas