O delegado da Xunta na Arxentina mantén un encontro co presidente do Consejo de la Magistratura de Buenos Aires para analizar a súa visita a Galicia en setembro

O delegado da Xunta na Arxentina, Alejandro López Dobarro, mantivo nos últimos días un encontro co presidente do Consejo de la Magistratura da Ciudad Autónoma de Buenos Aires, no que tamén estiveron presentes integrantes do órgano de selección e disciplina da Xustiza da capital arxentina, no que se analizou a súa futura viaxe a Galicia no mes de setembro.
As e os membros do Consejo trasladáronlle a López Dobarro o seu interese por coñecer a nova Cidade da Xustiza de Vigo, unha obra que cualificaron de moi interesante porque ten como obxectivo mellorar a xestión dos tribunais e os seus auxiliares en beneficio da cidadanía. Tamén manterán un encontro coas autoridades do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en A Coruña. Nesta viaxe participarán a xuíza e consejera María Julia Correa e o presidente do Consejo, Alberto Maques, ambos descendentes de galegos.
Novas relacionadas