O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas para potenciar a iniciativa emprendedora dos galegos retornados

O DOG publica mañá una nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro, que contará cun orzamento de 1 millón de euros.

As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade.

  • O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas para potenciar a iniciativa emprendedora dos galegos retornados
    O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas para potenciar a iniciativa emprendedora dos galegos retornados
  • O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas para potenciar a iniciativa emprendedora dos galegos retornados
    O Consello da Xunta informa sobre a convocatoria de axudas para potenciar a iniciativa emprendedora dos galegos retornados
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2024.

O Consello aprobou hoxe unha nova convocatoria das axudas ao Retorno Emprendedor, que contará cun orzamento dun millón de euros e permitirán contar cun apoio económico de ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial.

Estas axudas destínanse ás galegas e galegos que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nados na Galicia territorial ou nos seus países de destino, e teñen como obxectivo poder sufragar os gastos orixinados pola posta en funcionamento dun negocio.

O prazo de presentación remata o 30 de setembro.

As axudas serán de 6.000 euros, aumentable en 1.000 se a persoa beneficiaria é muller, e outros 3.000 se a empresa se pon en marcha nun concello do rural. Deste xeito, unha persoa solicitante pode chegar ata os 10.000 euros de apoio para a posta en marcha do seu negocio, de maneira que poida fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así, ademais, o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

Este tipo de iniciativas facilitan o acollemento a quen desexa iniciar unha nova vida en Galicia, e lémbrase que as persoas interesadas tamén poden informarse de todo tipo de axudas ao retorno nas oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno con sede nas principais cidades galegas. Agora tamén, nunha oficina móbil que percorre toda Galicia.

300 lecturas