Emigración potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha línea de axudas de 1 millón de euros

O DOG publica hoxe una nova convocatoria deste programa, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de setembro.

As axudas, que poden chegar aos 10.000 euros, están dirixidas aos primeiros momentos de inicio da actividade.

Emigración potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha línea de axudas de 1 millón de euros
Emigración potencia a iniciativa emprendedora dos galegos retornados cunha línea de axudas de 1 millón de euros
Axudas ao Retorno Emprendedor 2024
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2024.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova convocatoria das Axudas ao Retorno Emprendedor, que contará cun orzamento dun millón de euros e permitirán contar cun apoio económico de ata 10.000 euros para poñer en marcha un proxecto empresarial.

Estas axudas destínanse ás galegas e galegos que regresan á súa terra de orixe, xa fosen nados na Galicia territorial ou nos seus países de destino, e teñen como obxectivo poder sufragar gastos orixinados pola posta en funcionamento dun negocio.

O prazo de presentación remata o 30 de setembro.

As axudas serán de 6.000 euros, aumentable en 1.000 se a persoa beneficiaria é muller, e outros 3.000 se a empresa se pon en marcha nun concello do rural. Deste xeito, unha persoa solicitante pode chegar ata os 10.000 euros de apoio para a posta en marcha do seu negocio, de maneira que poida fixar a súa residencia e integrarse social e laboralmente, realizando nela as súas actividades empresariais e profesionais, favorecendo así, ademais, o desenvolvemento do tecido empresarial de Galicia.

Estas axudas permitiron que, nos últimos anos, se destinaran dende a Secretaría Xeral da Emigración máis de 4M€ para a posta en marcha de máis de 700 proxectos empresariais en Galicia.

Este tipo de iniciativas facilitan o acollemento a quen desexa iniciar unha nova vida en Galicia, recordando que as persoas interesadas tamén poden informarse de todo tipo de axudas ao retorno nas Oficinas Integrais de Asesoramento e Seguimento ao Retorno con sede nas principais cidades galegas. Agora tamén, nunha oficina móbil que percorre toda Galicia.

531 lecturas