O Consello de Acción Exterior informa favorablemente do anteproxecto de Lei de acción exterior de Galicia

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo hoxe na xuntanza os detalles e novidades deste anteproxecto.

O texto legal aspira a configurar un marco con vocación de permanencia para a acción exterior e contribuír á realización dos obxectivos da Axenda Global de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

O anteproxecto de Lei estase elaborando coas máximas garantías de transparencia e participación.

  • No CAEX están representados distintos departamentos da Xunta, as comunidades galegas, as universidades, empresariado, sindicatos, ONGDs e outras e outros expertos relacionados co ámbito internacional
    No CAEX están representados distintos departamentos da Xunta, as comunidades galegas, as universidades, empresariado, sindicatos, ONGDs e outras e outros expertos relacionados co ámbito internacional

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2019.

O Consello de Acción Exterior (CAEX) informou hoxe favorablemente, sen ningún voto en contra, do anteproxecto da Lei reguladora da acción exterior e cooperación para o desenvolvemento de Galicia, que ten entre os seus obxectivos configurar un marco xeral con vocación de permanencia da acción exterior galega e contribuír á realización dos obxectivos da Axenda Global de Desenvolvemento das Nacións Unidas.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, expuxo hoxe na xuntanza os detalles e novidades deste anteproxecto, que se está elaborando coas máximas garantías de transparencia e participación: incluíndo tanto os trámites obrigados de participación pública, como a interlocución directa cos axentes sociais e da sociedade civil, ou a colaboración fluída co Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación

Grazas a este novo informe favorable do CAEX, o anteproxecto de Lei segue avanzando na súa tramitación co obxectivo de que sexa aprobada polo Consello da Xunta en datas próximas.

Entre os obxectivos da futura Lei -ademais de establecer un marco xeral da acción exterior e afondar na execución dos ODS- está tamén mellorar a proxección da comunidade autónoma; optimizar a súa participación nos foros internacionais; mellorar a participación do sector exterior na economía e mercado de traballo; mellorar a atención dos galegos e as galegas no exterior; consolidar a Eurorrexión e a súa proxección nos países da lusofonía; e dotar a Galicia dun maior protagonismo no ámbito da cooperación para o desenvolvemento.

O texto incorpora algunhas novidades salientables, como a creación do Asento de galegos no exterior e o Asento de empresas galegas no exterior; así como tamén propón regular o novidoso Rexistro de foráneos con intereses en Galicia, que incluirá voluntariamente aquelas persoas non españolas e residentes fóra de España que teñan un especial vínculo con Galicia.

Consello de Acción Exterior
O CAEX é un órgano colexiado, asesor da Xunta en materia de acción exterior e tamén un órgano básico de coordinación entre todas e todos os axentes ou actores con proxección exterior de Galicia. Nel están representados distintos departamentos da Xunta, as comunidades galegas, as universidades, empresariado, sindicatos, ONGDs e outras e outros expertos relacionados co ámbito internacional.

644 lecturas