O Centro Galego de Tenerife remata o obradoiro de cociña galega organizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2022.
O Centro Galego de Tenerife vén de rematar o obradoiro de cociña galega organizado en colaboración coa Secretaría Xeral da Emigración e que facilitou que unha vintena de galegas e galegos vinculados con esta entidade puideran coñecer pratos típicos da gastronomía galega.
O obradoiro desenvolveuse nas últimas semanas e permitiu que, entre outros pratos, os alumnos e alumnas aprenderan a realizar polbo á galega, torta de Santiago, chocos na súa tinta ou empanada.
Novas relacionadas