O Centro Galego da Rexión de Murcia dá a coñecer a gastronomía e cultura galega en “Los Huertos”

  • Posto do Centro Galego da Rexión de Murcia en “Los Huertos” da Feira de Murcia
    Posto do Centro Galego da Rexión de Murcia en “Los Huertos” da Feira de Murcia
  • Elaborando os pratos típicos no posto do Centro Galego da Rexión de Murcia
    Elaborando os pratos típicos no posto do Centro Galego da Rexión de Murcia

Listen to this page using ReadSpeaker
Murcia, 15 de setembro de 2014.

Como é habitual nestes últimos anos o Centro Galego da Rexión de Murcia instalou, en  “Los Huertos” da Feira de Murcia, un posto para dar a coñecer a cultura galega e degustar produtos típicos da nosa terra a todos os asistentes á feira que visitan o posto.

Neste espazo repártese información e danse consellos para as viaxes que se realizanrán dende aquí cara a Galicia de peregrinos e turistas co fin de optimizar alí o seu tempo e ampliar o seu desfrute segundo os seus gustos, xa que Galicia ten unha amplísima gama de recursos turísticos, tanto culturais, como patrimoniais, gastronómicos, paisaxísticos entre outros moitos.

Ademais realízanse pratos típicos galegos, cociñados ao máis puro estilo da nosa terra para o desfrute dos padais dos nosos visitantes, os cales adoitan rematar moi satisfeitos cos viños brancos galegos, embutidos, mariscos, queixos, entre outros produtos tan coñecidos e que tan boa aceptación teñen onde se dan a coñecer.

Cada día realízase unha promoción con prezos populares para dar a coñecer cada un destes produtos e achegalos a todos os públicos.

Así pois o Centro Galego da Rexión de Murcia exerce a función de embaixador de Galicia na Feira de Murcia, para o desfrute de galegos afincados na Rexión, socios e visitantes en xeral.

1249 lecturas