O Centro Galego de Tenerife celebrou un obradoiro de cociña galega

Organizado coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración, celebrouse no Centro Galego desta cidade canaria do 14 ao 19 de setembro.

  • No curso celebrado no Centro Galego da capital chicharreira participaron un total de 28 alumnos e alumnas que aprenderon a elaborar pratos tradicionais e novidosos da gastronomía galega
    No curso celebrado no Centro Galego da capital chicharreira participaron un total de 28 alumnos e alumnas que aprenderon a elaborar pratos tradicionais e novidosos da gastronomía galega
  • O curso estivo impartido polo impartido polo mestre de cociña Juan José García Fernández
    O curso estivo impartido polo impartido polo mestre de cociña Juan José García Fernández
  •  Na xornada de clausura organizouse unha cea á que asistiron 60 persoas entre alumnado, socias e socios e amizades do Centro
    Na xornada de clausura organizouse unha cea á que asistiron 60 persoas entre alumnado, socias e socios e amizades do Centro
  • O mestre de cociña coa súa métopa conmemorativa
    O mestre de cociña coa súa métopa conmemorativa
  • Trala cea, o presidente do Centro, Eduardo Sánchez Solla, entregou un diploma recordatorio das xornadas e unha métopa do Centro ao profesor Juan José García
    Trala cea, o presidente do Centro, Eduardo Sánchez Solla, entregou un diploma recordatorio das xornadas e unha métopa do Centro ao profesor Juan José García
Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Cruz de Tenerife, 30 de setembro de 2015.

Na semana do 14 ao 19 de setembro pasados, tivo lugar no Centro Galego de Tenerife un Obradoiro de cociña galega, organizado en colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e impartido polo mestre de cociña Juan José García Fernández, enviado pola Xunta, quen conta cunha dilatada experiencia profesional tanto como Técnico Especialista en Hostalaría, como docente en cursos, tanto de cociña, coma de pastelaría tradicional galega.

Ao longo do curso, no que participaron 28 alumnas e alumnos, elaboráronse os seguintes pratos: gambas fritas á gabardina, mexillóns á vinagreta, empanada doce de mazá, empanada de atún, luras ao Albariño, vieiras á galega, arroz con lagostinos, salmón en salsa de marisco, xarrete estufado, polo son salsa de pementos, coello con champiñóns, torta de marmelada de laranxa, torta de Santiago, torta de filloas con chocolate e crema pasteleira, orellas (repostaría), piña natural con cangrexo e salsa rosa, pingüíns de olivas, ovos de paspallás e cenoria, pementos recheos, polbo con ameixas, lombo de porco recheo de ameixas, etc... Nas diferentes elaboracións participaban as alumnas e alumnos dirixidos polo profesor García Fernández.

Na xornada de clausura organizouse unha cea á que asistiron 60 persoas entre alumnas e alumnos, persoas asociadas e amigas e  amigos do centro. Nesa ocasión o menú estaba composto por polbo con ameixas, lombo de porco recheo e tortas de filloas e de crema de laranxa.

Trala cea, o presidente do Centro, Eduardo Sánchez Solla, entregou un diploma recordatorio das xornadas e unha métopa do Centro ao profesor Juan José García. A continuación, fíxose entrega dos diplomas aos alumnos e alumnas participantes e rematouse a xornada coa actuación do Grupo de Gaitas do Centro.

1272 lecturas