Miranda: “A Xunta reforza a colaboración coa Asociación Recreo dos Anciáns de Río de Xaneiro no seu labor de apoio ás e aos galegos en situación de necesidade”

Listen to this page using ReadSpeaker
Vigo (Pontevedra), 14 de novembro de 2024.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse con Esther Pérez Pérez, presidenta da Asociación Recreo dos Anciáns para Asilo da Vejez Desamparada de Río de Xaneiro, para explorar novas colaboracións que melloren a difusión das axudas da Xunta de Galicia entre os galegos residentes nesta rexión de Brasil. Durante o encontro, analizaron posibles accións conxuntas que permitan facer chegar a información de maneira máis eficaz, reforzando así o apoio aos galegos en situación de vulnerabilidade.

Rodríguez Miranda destacou o traballo realizado por esta entidade, que desde 1940 proporciona casa, alimentación e asistencia médica a maiores sen amparo familiar, así como actividades lúdicas para preservar o recordo das súas raíces galegas. O Recreo dos Anciáns consolidouse como un referente fundamental na atención socio-sanitaria a persoas de idade avanzada, contribuíndo á mellora da súa calidade de vida nunha contorna de apoio e comunidade en Río de Xaneiro.

538 lecturas