Miranda e a Asociación Recreo dos Anciáns analizan accións conxuntas para difundir as axudas da Xunta entre os galegos de Río de Janeiro

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro con Esther Pérez Pérez, presidenta da Asociación Recreo dos Anciáns para Asilo da Vejez Desamparada de Río de Janeiro. Durante esta reunión, ambos analizaron a posta en marcha de accións conxuntas que permitan achegar, de xeito máis eficaz, a información sobre as axudas da Xunta de Galicia de xeito máis efectivo aos galegos residentes nesta localidade brasileira.

Rodríguez Miranda gabou o labor desta entidade que dende 1940 está a prestar asistencia, proporcionar casa, alimentación e atención médica a persoas maiores sen amparo familiar. O Recreo dos Anciáns non só acolle e atende a estas persoas senón que tamén realiza con eles actividades de carácter lúdico para manter activo o recordo da súa orixe galega, sendo un dos referentes fundamentais na atención socio sanitaria e de asistencia ás persoas de idade avanzada en Río de Xaneiro e a súa contorna. Nas súas instalacións, que contan con teatro, capela, biblioteca e unha ampla área de esparexemento e leva a cabo unha asistencia integral aos acollidos mellorando así o aspecto social, emocional e sociolóxico.

249 lecturas