Miranda visita a asociación Recreio dos Anciãos de Río de Xaneiro destacando a colaboración da Xunta no seu labor de atención ás e aos galegos con maior necesidade

O secretario xeral da Emigración visitou a entidade galega brasileira destacando a colaboración anual con esta entidade, que en 2022 ascendeu a máis de 37.000 euros.

  • Visita do secretario xeral da Emigración á Residencia Santiago Apóstol da Associação Recreio dos Anciãos (Río de Xaneiro)
    Visita do secretario xeral da Emigración á Residencia Santiago Apóstol da Associação Recreio dos Anciãos (Río de Xaneiro)

Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 24 de outubro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou as instalacións da Residencia Santiago Apóstol da Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada e onde, dende 1940, estase a prestar asistencia, proporcionar casa, alimentación e atención médica a persoas maiores sen amparo familiar. Miranda destacou que a Xunta de Galicia aportou en 2022 máis de 37.000 euros para este labor esencial a través dunha colaboración anual que permite continuar con este traballo de atención social aos galegos e galegas residentes nesta cidade do Brasil.

Durante esta visita, Rodríguez Miranda gabou este labor e destacou que a Associação Recreio dos Anciãos non só acolle e atende nesta residencia a estas persoas senón que tamén realiza con elas e eles actividades de carácter lúdico para manter activo o recordo da súa orixe galega, atendendo a un total de 170 usuarias e usuarios.

A Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada de Rio de Xaneiro é unha entidade benéfica, sen ánimo de lucro, que ten como finalidade acoller temporal ou permanentemente á anciás e anciáns de xeito gratuíto, dando prioridade ás e aos galegos e españois necesitados, é unha das mellor dotadas e máis completas da cidade brasileira, que presta coidados ás cidadás e cidadáns galegos sen recursos que residen no país suramericano.

Esta entidade é un dos referentes fundamentais na atención sociosanitaria e de asistencia ás persoas de idade avanzada en Río de Xaneiro e a súa contorna. Nas súas instalacións, que contan con teatro, capela, biblioteca e unha ampla área de esparexemento, leva a cabo unha asistencia integral ás e aos acollidos mellorando así o aspecto social, emocional e sociolóxico. 

268 lecturas