Emigración asiste aos actos do Outono Xacobeo organizado polas asociacións e centros galegos de Madrid
Santiago de Compostela, 25 de outubro de 2021.
A Secretaría Xeral da Emigración, a través da subdirectora xeral de Relacións coas Comunidades Galegas, Isabel Martínez Pellicer, asistiu aos actos do Outono Xacobeo organizado polas asociacións e centros galegos de Madrid, e que contaron coas actuacións da cantante galega Lucía Pérez e a Banda de Gaitas Lume de Biqueira.
Pellicer agradeceu o traballo das comunidades do exterior no labor de promoción e divulgación da esencia do Camiño, recordando o seu importante traballo en prol da defensa dos costumes e tradicións de Galicia. O concerto encheu de público, tanto de galegas e galegos en Madrid como de veciñas e veciños da capital de España, o auditorio do Centro Cultural Eduardo Úrculo.
Novas relacionadas