Miranda anima ás Comunidades Galegas en Madrid a levar a cabo novas actividades conxuntas, que fortalezan a galeguidade na capital

O secretario xeral da Emigración gaba a organización do Concerto de Nadal, ao que asistiron máis de 400 persoas.

Visitou asemade os centros de Alcobendas, Móstoles e Fuenlabrada.

  • Rodríguez Miranda coa directiva da Xuntanza de Galegos en Alcobendas
    Rodríguez Miranda coa directiva da Xuntanza de Galegos en Alcobendas
  • Imaxe do concerto benéfico
    Imaxe do concerto benéfico
  • Miranda con Pilar Falcón e Juan Ignacio de Luis
    Miranda con Pilar Falcón e Juan Ignacio de Luis
  • Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
    Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
  • Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
    Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
  • Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
    Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
  • Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
    Visita do secretario xeral ao Centro Galego de Móstoles
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2013.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no Festival de Nadal organizado polo Club de Periodistas Galegos en Madrid, que preside Pilar Falcón, no que participaron os coros dos centros da diáspora en Alcalá de Henares, Villalba de Madrid, Móstoles, Alcobendas, ademais da propia Madrid, e que tivo lugar nesta ocasión no Centro Cultural Eduardo Úrculo.

O Concerto é un evento anual que proba a capacidade e vontade de integración dos galegos na capital española. Para esta ocasión contouse coa colaboración de Óscar Ibáñez e a banda de gaitas Lume da Viqueira, que agasallaron coas súas actuacións aos máis de 400 asistentes ao acto.

En opinión do alto cargo da Xunta, “esta unión das Comunidades consigue actividades máis relevantes, reforza as ligazóns entre os cidadáns residentes fóra da Galicia territorial, e garante unha solvencia nas súas actuacións que, doutra maneira, sería máis complicado acadar. Nesta capacidade para traballar xuntos reside en boa parte o futuro da Galeguidade, en Madrid como no resto de España e do mundo”.

Traballar unidos
Rodríguez Miranda aproveitou a súa estadía na capital española para coñecer fisicamente as sedes de tres comunidades galegas, nas que expuxo as liñas de actuación do departamento que dirixe para 2014.

En Móstoles, Alcobendas e Fuenlabrada, o secretario xeral da Emigración animou a traballar en colaboración aínda máis estreita con outras entidades galegas da contorna, de maneira que actividades coma a do concerto de Nadal sirvan como exemplo para acadar fórmulas de colaboración que favorezan a toda a Galeguidade, e ás sociedades locais onde se insiren as comunidades galegas. Ademais, en Fuenlabrada, Rodríguez Miranda tivo oportunidade de saudar á nova directiva, e comprometer o seu apoio á liña de impulso renovado que os directivos da nova etapa queren inxectar na entidade.

En imaxes
957 lecturas