Miranda visita o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro

  • Miranda visita o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro.
    Miranda visita o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro.
  • Miranda visita o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro.
    Miranda visita o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro.
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 1 de marzo de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe, dentro da súa viaxe a Brasil, o Centro Social da Casa de España en Río de Xaneiro. Esta entidade é un espazo histórico que desenvolve unha extraordinaria labor de cohesión coa comunidade española e, de maneira moi especial, coa comunidade galega asentada en Brasil.

En verbas de Miranda, estes centros son moito máis ca sedes sociais. “Son fogar, punto de encontro, identidade compartida e vínculo permanente con Galicia”, destacou. De esta maneira, a secretaría de Emigración segue acompañando á colectividade galega e recoñecendo o traballo imprescindible que realizan no exterior.

161 lecturas