Miranda visita a colectividade galega de Cataluña e comparte a súa celebración do Entroido

O secretario xeral da Emigración estará en Rubí, Santa Coloma de Gramenet, e L´Hospitalet de Llobregat.

  • O secretario xeral da Emigración con integrantes da entidade galega en Santa Coloma de Gramenet
    O secretario xeral da Emigración con integrantes da entidade galega en Santa Coloma de Gramenet
  • Miranda coas e cos membros de Rubí
    Miranda coas e cos membros de Rubí
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visita este sábado as sedes de Rubí e Santa Coloma de Gramenet, da Unión de Asociacións Galegas de Cataluña. En ambas instalacións terá ocasión de coñecer parte das amplas colectividades galegas asentadas nestas dúas localidades catalás.

Tanto en Rubí coma en Santa Coloma, a Unión de Asociacións Galegas de Cataluña conta con máis de 30 anos de presenza e en torno a 200 socias e socios no caso da primeira localidade, e de máis de 300 na segunda. Coa visita a estas dúas sedes, o secretario xeral da Emigración continúa coñecendo fisicamente as numerosas instalacións coas que conta a Galeguidade en Cataluña, moi activa no que atinxe á transmisión de valores culturais ás segundas e terceiras xeracións de galegos.

O alto cargo autonómico compartirá despois a celebración do Entroido que cada ano organiza a diáspora residente en Barcelona e arredores en L´Hospitalet de Llobregat, localidade onde tamén existe unha ampla colectividade galega. Este Entroido reúne a centenares de galegos e galegas, e autoridades locais, en torno a un dos eventos máis emblemáticos da Galeguidade en Cataluña.

694 lecturas