Miranda recibiu a representantes da diáspora galega en Cataluña

Horas antes do criminal atentado en Barcelona, o secretario xeral da Emigración dialogou no seu despacho cos voceiros da Unión de Asociacións Galegas de Catalunya, entidade que forma parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas.

  • UAGALCAT (Unión de Asociacións Galegas de Catalunya), agrupa a máis de mil socias e socios en total
    UAGALCAT (Unión de Asociacións Galegas de Catalunya), agrupa a máis de mil socias e socios en total
  • UAGALCAT (Unión de Asociacións Galegas de Catalunya), agrupa a máis de mil socias e socios en total
    UAGALCAT (Unión de Asociacións Galegas de Catalunya), agrupa a máis de mil socias e socios en total
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu no seu despacho aos representantes da UAGALCAT (Unión de Asociacións Galegas de Catalunya), entidade que agrupa a máis de mil socias e socios en total, que preside Eduardo Méndez, e que é unha das catorce que forman parte da Comisión Delegada do Consello das Comunidades Galegas, máximo órgano de representación da diáspora galega.

Departiu con eles sobre o proceso de integración das asociacións da diáspora galega en Cataluña, unha das zonas nas que, grazas a ese proceso, se conseguiu unha meirande eficacia na dotación de servizos ás persoas asociadas, e ampliar a carteira das prestacións, especialmente nos ámbitos social e cultural. Rodríguez Miranda animounos a “continuar nesa liña, adaptando o traballo asociativo ás necesidades dos galegos e galegas de Cataluña”.

A UAGALCAT naceu en setembro de 2015 mercé á integración nunha única entidade da Agrupación Cultural Saudade de Barcelona, do Centro Cultural Airiños da Nosa Galicia de Santa Coloma de Gramenet, da Irmandade Galega de Rubí, o Centro Galego de Lleida, e o Foro da Terra Galega de Barcelona.

Unha tarde lutuosa
A entrevista tivo lugar apenas unhas horas antes do atentado mortal nas Ramblas, que  tinxiu de negro un dos lugares máis emblemáticos do mundo en canto a convivencia e confluencia de culturas. Miranda, xa por vía telefónica, amosou a estes e outras e outros representantes da diáspora en Cataluña a máis profunda solidariedade do pobo galego coas vítimas, e estivo en permanente e actualizado contacto coas entidades galegas en Cataluña por se entre as e os damnificados se atopase algunha persoa galega, circunstancia da que -polo momento- non hai coñecemento de que se teña producido.

921 lecturas