Miranda visita a Casa de Galicia de Fuerteventura-Amigos de Canarias animándoos a incorporarse ao Rexistro da Galeguidade

O secretario xeral da Emigración invitou aos miles de galegos e galegas que residen nesta illa a incorporarse a esta nova asociación
O secretario xeral da Emigración invitou aos miles de galegos e galegas que residen nesta illa a incorporarse a esta nova asociación
Listen to this page using ReadSpeaker
Puerto del Rosario (Fuerteventura), 24 de setembro de 2022.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou a Casa de Galicia de Fuerteventura-Amigos de Canarias, destacando a súa xuventude e animándoas e animándoos a incorporarse ao Rexistro da Galeguidade para impulsar, aínda máis, as súas iniciativas.   

Durante a visita, o secretario xeral destacou as iniciativas postas en marcha por esta entidade en prol de potenciar a cultura galega nesta illa canaria, así como manter a unidade entre a colectividade residente nela. Tamén fixo referencia ao labor que desenvolveron durante estes dous anos para promocionar o Ano Santo Xacobeo. En especial, Rodríguez Miranda invitou aos miles de galegos e galegas que residen nesta illa a incorporarse a esta nova asociación para fortalecela e compartir a cultura e tradicións de Galicia, tanto entre elas e eles como entre a poboación de acollida.

242 lecturas