O secretario xeral da Emigración e o presidente da Casa de Espanha de Río Preto poñen en común iniciativas para promocionar a cultura galega na rexión de São Paulo

Miranda e Oreiro, na sede da SXE na capital galega
Miranda e Oreiro, na sede da SXE na capital galega
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse co presidente da Casa de Espanha São José do Rio Preto e Região, de Brasil, Nelson Lois Oreiro, quen lle transmitiu o traballo que se está a facer nesta localidade do noroeste do estado de São Paulo para manter, non só a cultura española, senón tamén a galega entre as e os descendentes das e dos emigrados nesta área brasileira. Ambos responsables puxeron en común novas iniciativas para continuar a promocionar a cultura galega nesta rexión.

A entidade é unha das máis antigas do Brasil, creada para preservar a cultura e os vínculos hispánicos. Naceu en 1917 e na actualidade conta con 160 socias e socios descendentes que colaboran na organización de actividades culturais e sociais. Brasil conta con máis de 50.000 galegas e galegos residentes na actualidade.

308 lecturas