Miranda visita a Asociación de Padres de Familia de Esslingen (Alemaña) que en breve celebrará os seus 50 anos de existencia

O secretario xeral da Emigración, co presidente da Asociación Padres de Familia de Esslingen e o director da agrupación musical da entidade
O secretario xeral da Emigración, co presidente da Asociación Padres de Familia de Esslingen e o director da agrupación musical da entidade
Listen to this page using ReadSpeaker
Esslingen (Alemaña), 20 de maio de 2023.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas un encontro coa Asociación de Padres de Familia de Esslingen, preto de Stuttgart, na que trasladou o seu interese pola situación dos galegos e galegas do estado alemán de Baden-Wurtemberg. Esta entidade cumprirá en breve os seus 50 anos de existencia.  

Rodríguez Miranda agradeceu a esta entidade o seu labor por apoiar e manter os lazos entre as e os galegos afincados nesta rexión do sur de Alemaña. A Asociación de Padres de Familia Esslingen, unha cidade duns 100.000 habitantes, agrupa a un centenar de asociadas e asociados de familias españolas, na súa maioría galegas, que manteñen a nosa cultura a través das celebracións tradicionais de Galicia ao longo de todo o ano. De feito, conta cunha agrupación musical. Neste senso, o secretario xeral trasladoulles o apoio da Administración autonómica, comprometéndose a axudarlles no impulso das súas actividades, trasladadas xa a segundas e terceiras xeracións nadas no país de acollida. 

296 lecturas