Miranda gaba o labor da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi, entidade que agrupa aos galegos e galegas no País Vasco, e ínstaa a seguir no camiño da unidade

O secretario xeral da Emigración recibiu a Pilar Rodríguez, presidenta da entidade e da ‘Agrupación Fillos de Galicia’ de Sestao, que é membro electo da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas. 

Arestora residen en Euskadi máis de 42.700 galegas e galegos de nacemento. 

  • O secretario xeral da Emigración recibiu a Pilar Rodríguez, presidenta da entidade e da ‘Agrupación Fillos de Galicia’ de Sestao, que é membro electo da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas
    O secretario xeral da Emigración recibiu a Pilar Rodríguez, presidenta da entidade e da ‘Agrupación Fillos de Galicia’ de Sestao, que é membro electo da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas
  • Arestora residen en Euskadi máis de 42.700 galegas e galegos de nacemento
    Arestora residen en Euskadi máis de 42.700 galegas e galegos de nacemento
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda,  recibiu no seu despacho á presidenta da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi, Pilar Rodríguez Villar, con quen departiu sobre a actualidade da diáspora galega no País Vasco, e sobre as diversas actividades conxuntas que as paisanas e os paisanos alí asentados realizan ao longo do ano.

Pilar Rodríguez -que ademais é presidenta da ‘Agrupación Fillos de Galicia’ de Sestao, membro electo da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas- transmitiu a Miranda a intención de seguir traballando e profundando no camiño iniciado, e o secretario xeral asegurou que “a dirección de unión e fortaleza que sinalaron hai xa moitos anos os galegos do País Vasco serviu de exemplo para toda a Galeguidade universal”.

A  Irmandade de Centros Galegos de Euskadi foi creada no ano 1985, e organiza, entre outras celebracións, e de maneira rotatoria nas localidades con algunha comunidade galega, o Día de Galicia. Neste evento, un dos máis populares en todo o País Vasco, participa un bo número de integrantes da comunidade galega en Euskadi, e sobre todo conta cunha importante presenza das súas veciñas e veciños vascos, e de máximos representantes das institucións desa Comunidade Autónoma.

Galicia e País Vasco
No País Vasco residen arestora, e segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística, un total de 42.742 galegas e galegos de nacemento, o 63 por cento dos cales teñen domicilio na provincia de Biscaia. Cómpre lembrar que se trata de cidadás e cidadáns galegos nados na terra, é dicir, esta cifra non reflicte o crecente número de galegas e galegos de segundas xeracións -nados xa na diáspora- que senten a Galeguidade transmitida polos pais, nais e avós e avoas como propia. Pola súa parte, residen en Galicia un total de 16.221 vascas e vascos.

498 lecturas